RECEPCIÓN E CONFIRMACIÓN DE PEDIDO

En canto realices a túa compra enviarémosche á conta de correo facilitada un resumo do teu pedido cun número de referencia asignado, os artigos que compraches, desagregación de gastos adicionais como gastos de envío e os datos para contactar connosco.

Ademais vas recibir unha copia destas mesmas condicións xerais para que poidas consultalas se o necesitas.

GASTOS DE ENVÍO

Poderás consultar os gastos de envío á túa zona mentres realizas o proceso de compra. Tamén che damos a posibilidade de que poidas recoller o teu pedido nas nosas tendas e evitar así os gastos de envío.

En caso de devolución terás que facerche cargo do envío do produto ao noso almacén polos medios que che indicamos nos apartado CAMBIOS E DEVOLUCIÓNS.

FORMAS DE PAGO

Podes pagar con tarxeta de crédito ou débito como VISA, Mastercard, American Express, e outras tarxetas internacionais.

PRAZO DE ENTREGA

Enviaremos o teu pedido desde o noso almacén nun prazo máximo de 48 horas hábiles e será entregado na túa dirección de entrega nun máximo de 7 días (normalmente nas seguintes 24-48 horas) en España e 2-3 días en Portugal).

Durante a época de rebaixas ou promocións estes prazos poderían atrasarse en 48 h adicionais.

Se por calquera causa non podemos servirche o teu pedido nun prazo máximo de 30 días naturais que estipula a Lei 3/2014, facilitarémosche un novo prazo adicional, salvo no caso de que ese artigo xa non estea dispoñible ou a compra realizouse por un prazo concreto e así o indicases. Nese caso tes dereito a cancelar o pedido. Podes consultar como  facelo no apartado de CAMBIOS E DEVOLUCIÓNS.

Register

New Account Register

Already have an account?
Log in instead Ou Reset password
Cookie consent