Ourives de Compostela

Ourives de Compostela

Auténtica Ourivaría Ancestral de Santiago.

A marca  Ourives de Compostela garante que aquelas pezas que a levan foron creadas con metais nobres por ourives composteláns utilizando as técnicas tradicionais dos antigos gremios de prateiros e  acibecheiros da cidade de Santiago.

Os actuais ourives son herdeiros e depositarios dun  antiquísimo saber que se remonta aos tempos fundacionais da cidade. Os mestres que lles precederon crearon, conservaron e transmitiron as antigas técnicas que foron pasando de pais a fillos ao longo dos séculos ata os nosos días. Novas técnicas fóronse sumando desde entón ata hoxe pero sempre conservando o seu carácter único e o traballo artesanal.

Os ourives composteláns traballan principalmente con prata de Lei e acibeche. O acibeche é un mineral de orixe vexetal orixinada baixo terra, froito das altas presións ás que foron sometidos os troncos dalgunhas especies de árbores durante un período duns 150 millóns de anos. A súa dureza, a súa cor negra intensa e o seu brillo dótano dunha beleza singular.

Register

New Account Register

Already have an account?
Log in instead Ou Reset password
Cookie consent