As orixes

As Orixes

Santiago de Compostela, berce dos ourives.

Fai xa tres décadas que, movidos polo compromiso de achegar ao gran público a xoiería de autor, abrimos a nosa primeira tenda no corazón de Santiago de Compostela rodeados da influencia dos gremios de ourives tradicionais vinculados á actividade da Catedral e o Camiño de Santiago.

O propósito

O propósito

A xoiería alternativa

A nosa aposta era clara: poñer en valor o traballo dun xerme de artesáns que comezaban a despuntar coas súas propostas de deseño e que non só desenvolvían técnicas innovadoras, novos materiais e deseños vangardistas, senón que seguían mantendo intacta a excelencia do saber facer ourive.

A fórmula

Vangarda e tradición

Conxugar o mellor da xoiería de autor, que utiliza tanto metais preciosos, como prata de lei, así como materiais alternativos característicos da nova xoiería contemporánea, coas liñas de ourivaría tradicional en prata de lei e acibeche.

Creatividade e innovación

Sempre valoramos moito a creatividade dunha nova proposta, a ruptura con todo o anterior.  Testeamos as novas coleccións para ver como se adaptan a diferentes persoas. Temos moi en conta as tendencias de moda, materiais e texturas novas e sorprendentes, sempre baixo unha gran calidade de execución e dos materiais empregados.

Novidade, variedade, calidade e prezo

Tratamos de ser un referente a nivel nacional no sector da xoiería alternativa. Para iso traballamos minuciosamente a nosa selección de produtos para que sexa ampla e coidada, adaptada a todos os estilos e gustos.

La fórmula

Queremos diferenciarnos polo dinamismo na presentación de novas coleccións, así como na calidade e ruptura das mesmas, marcando tendencia no sector e mellorando prezos para poder chegar a todo tipo de clientes, independentemente da súa capacidade económica.

Experiencia Ámboa

A "Experiencia Ámboa"

Os protagonistas

Sempre coidamos ao máximo todos os detalles poñendo ao cliente no centro de todos os nosos procesos e decisións.

O compromiso

O noso compromiso sempre foi ofrecer aos nosos clientes unha experiencia diferenciada e única, como os produtos que ofrecemos. Queremos que a experiencia Ámboa sexa grata, satisfactoria e que cada un poida atopar a súa xoia perfecta.

Abrimos as nosas portas cunha aposta decidida por ofrecer unha “experiencia Ámboa” completa aos nosos clientes e eles recompensáronnos coa súa fidelidade ao longo dos anos.

Agora queremos levar esta experiencia tan nosa máis aló dos límites de Santiago de Compostela.”

Equipo Ámboa

Experiencia inesquecible

Desde o escaparatismo ata o servizo  postventa pasando pola atención, o  packaging e ata a música. Tratamos sempre de ofrecer unha experiencia inesquecible en tenda ademais de innovadores e exclusivos artigos para todos os públicos e petos.

Venda  online

Os novos tempos requiren de formas de venda distintas pero detrás da tenda  online segue o mesmo equipo co mesmo espírito.

As tendas

Azabachería

Acibechería

Nosa segunda tenda abrímola en Acibechería, enfronte da catedral, enclave singular dos antigos gremios  acibecheiros onde se reúnen por igual visitantes e peregrinos para visitar o berce da ourivaría.

A tenda online

O noso último proxecto é levar o noso pequeno universo Ámboa ao resto do mundo, para que non só os que visitan Santiago poidan coñecer de primeira man a ourivaría compostelá e a nosa selección de produtos máis especial.

Tienda Online

New Account Register

Already have an account?
Log in instead Ou Reset password