Orfebrería de autor

Ourivaría de Autor

Deseños actuais, técnicas innovadoras e saber facer ourive.

Os novos ourives e deseñadores que apostan por conservar o mellor da ourivaría tradicional e innovar en técnicas e deseños. Actualizan os clásicos e crean novas coleccións cada ano que se converterán en clásicos por méritos propios.

Algúns destacan no desenvolvemento de técnicas innovadoras como é o caso da técnica Simeltech® da marca Orfega Compostela que fusiona a prata con pigmentos naturais para dar como resultado auténticas obras de arte inspiradas na natureza, con tamaños e formas moi orixinais e novas nas que a cor é o protagonista.

Outros traballan deseños totalmente actuais, elegantes, femininos e minimalistas empregando os mesmos materiais e técnicas da ourivaría tradicional,a prata e o acibeche, entre os que destaca o traballo de Fink Orfebres.

En canto á  descontextualización de materiais podemos citar a Silvereira, que emprega a madeira como material base para  reinterpretar algúns dos deseños máis tradicionais. Ou Juana Fernández que realiza xoias en papel maché cun estilo moi persoal.

Deseños altamente vangardistas, formas abstractas e de marcado carácter que utilizan as técnicas ourives tradicionais fusionando diferentes metais e materiais como o cristal teñen o seu exemplo na firma Rosa Méndez.

New Account Register

Already have an account?
Log in instead Ou Reset password